Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo

Loading...
OrgUnit Logo

Date established

City

Country

ID

ROR Identifier

Publications

filter icon
Proxectos de Innovación Educativa 2022.
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte. Universidade de Vigo.
A docencia é unha misión fundamental da Universidade e como tal precisa do máximo apoio institucional na procura da súa excelencia. Para isto é precisa a valoración xeral da propia actividade docente, o recoñecemento dos esforzos de renovación e mellora por parte do profesorado neste ámbito e o fornecemento da innovación docente. Por isto, a Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte realizou a Convocatoria de Proxectos de Innovación Educativa 2022. O obxectivo desta convocatoria foi apoiar proxectos encamiñados ao deseño e implantación de accións de innovación educativa na docencia da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra. Pretendeuse fomentar a aplicación práctica das innovacións desenvolvidas e a súa transferencia. Concedéronse seis proxectos de innovación nos que houbo 76 participantes, xuntando persoal docente e investigador, investigador e colaborador externo. A presente publicación reúne os resultados dos traballos de innovación.
filter icon
Quero ser investigadora 2.: Universidade de Vigo.
Valderrama Santomé, Mónica; Calvo López, Lucía; Crespo Cruces, Marta
Un ano máis, a Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo aposta por mostrarlle á mocidade que moi preto da súa casa existen mulleres investigadoras que están a realizar un traballo de grande importancia para todas e todos. Volvemos difundir a historia de dez novas referentes, dez mulleres, dez investigadoras, dez nenas que quixeron dedicarse ao que máis lles gusta: achegar novos coñecementos sobre a súa área de traballo que axuden a sociedade a avanzar cara a un futuro mellor. A nosa intención segue a ser a mesma: valorar e visibilizar mulleres científicas contemporáneas, pioneiras en moitos casos, e espertar a vocación investigadora entre os máis cativos e cativas, que terán figuras femininas da súa contorna como referencia. O deporte, a arqueoloxía, a lingua, a física, a paleontoloxía etc., son as áreas nas que traballan estas investigadoras, que contan a súa historia, os seus avances e as súas aspiracións nesta pequena publicación para que moitas nenas poidan verse reflectidas e, así, se animen a encamiñar os seus estudos cara á investigación. Unha nena que soñaba con ir ao espazo, outra que ía a escavacións co seu pai ou unha pequena aventureira…, pero todas cunha marca común: a curiosidade e a determinación. Todas buscan saber máis, descubrir cousas novas e non dubidan en loitar por facer o que lles gusta. Iso é o que queremos que fagan as nenas e nenos que lean estas historias. Desta forma, a Universidade de Vigo quere valorar a investigación en feminino e, a través destes relatos, formar parte das vivencias e das ansias da mocidade. Así, promoverá que as novas xeracións teñan novos intereses, grandes soños e, sobre todo, se inspiren en persoas que forman parte desta institución para que nun futuro elas e eles se poidan converter en investigadoras e investigadores. Achegádevos a estes pequenos contos, vivide con elas as súas experiencias e, sobre todo, aprendede moito, porque o avance do coñecemento e a mellora da nosa sociedade depende en gran medida de que as nenas e nenos de agora queiran ser as científicas e científicos do futuro. E ti, queres ser investigadora?.
Thumbnail Image
filter icon
techLING2021-UVigo-T&P. Libro de resumos do VI Congreso internacional de lingua, lingüística e tecnoloxía.
Millor Costas, Sara; Yuste Frías, José; Ferreiro Vázquez, Óscar
O Congreso techLING2021-UVigo-T&P é un evento científico internacional dedicado ás sinerxías entre as linguas e o seu coñecemento científico, a lingüística, por un lado, e as novas tecnoloxías dixitais, por outro, con especial incidencia no impacto das ferramentas tecnolóxicas na tradución e interpretación, no ensino e no tratamento de linguas. Está dirixido a profesorado, persoal investigador e estudantes de segundo e terceiro ciclo da área da lingüística aplicada á tradución e interpretación, o ensino e o tratamento informático de linguas: profesorado de linguas estranxeiras, profesionais da tradución, a interpretación, a revisión, a corrección, a postedición, o subtitulado, a dobraxe, a terminoloxía, a lexicografía, así como persoas do mundo empresarial interesadas en cuestións lingüísticas e comunicación internacional. No ano 2021, a sexta edición do Congreso internacional de lingua, lingüística e tecnoloxía organizouna o Grupo de Investigación Tradución & Paratradución (T&P) da Universidade de Vigo e levouse a cabo completamente en rede do 15 ao 17 de decembro de 2021.
Thumbnail Image
filter icon
Fugas e Interferencias: VIII International Performance Art Conference
Pol Rigau, Marta; Tejo Veloso, Carlos; Barreiro Rodríguez-Moldes, Covadonga
Estas actas de Fugas e Interferencias VIII International Performance Art Conference 2023 presentan la recopilación de artículos procedentes de los ponentes invitados y de las comunicaciones seleccionadas por el Comité Científico. El conjunto de las ponencias ha sido presentado durante la octava edición del congreso, que tuvo lugar los días 26, 27 y 28 de octubre en la Casa das Campás de Pontevedra y el Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) de Santiago de Compostela. El objetivo de la convocatoria de este congreso de ámbito internacional es centrar el punto de atención en el análisis de los nuevos comportamientos del arte de acción, tanto desde la práctica como desde la reflexión teórica, así como dentro del ámbito del comisariado. De este modo, los artículos seleccionados indagan sobre cuatro de los ejes temáticos que propone el encuentro. Los artículos de las dos conferencias plenarias pronunciadas por Lola Hinojosa “Repertorio sensible: una preservación ética de las artes performativas” y Alberto Valverde “As orixes da perfomance en Galicia. O caso Rompente” se centran dentro del ámbito del archivo de arte de acción y la recuperación de los primeros pasos del arte de acción en Galicia.
filter icon
Fugas e Interferencias: VII International Performance Art Conference
Pol Rigau, Marta; Tejo Veloso, Carlos
Estas actas de Fugas e Interferencias VII International Performance Art Conference 2022 presentan la recopilación de artículos procedentes de los ponentes invitados y de las comunicaciones seleccionadas por el Comité Científico. El conjunto de las ponencias ha sido presentado durante la séptima edición del congreso, que tuvo lugar los días 16, 17 y 18 de septiembre de 2022 en la Casa de Campás de Pontevedra y el Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) de Santiago de Compostela. El objetivo de la convocatoria de este congreso de ámbito internacional es centrar el punto de atención en el análisis de los nuevos comportamientos del arte de acción, tanto desde la práctica como desde la reflexión teórica, así como dentro del ámbito del comisariado. De este modo, los artículos seleccionados indagan sobre cuatro de los ejes temáticos que propone el encuentro.

Description

FECYT