Loading...
Profile Picture

López Novo, Cynthia

Email Address

Birth Date

Research Projects

Organizational Units

Job Title

Autor

Last Name

López Novo

First Name

Cynthia

Name

Cynthia López Novo
Now showing 1 - 3 of 3
  • Thumbnail Image
    filter icon
    Enfermidades hemorráxicas do porco:: Mal rubio. Peste porcina clásica. Peste porcina africana
    López Novo, Cynthia; López Lorenzo, Gonzalo; Díaz Cao, José Manuel; Prieto Lago, Alberto
    Esta unidade didáctica versa sobre tres das enfermidades infecciosas máis importantes do gando porcino. A primeira delas, o mal rubio, é unha enfermidade de etioloxía bacteriana que se caracteriza por provocar unha septicemia aguda ou subaguda e lesións proliferativas crónicas. Dá lugar a grandes perdas económicas para os gandeiros, polo que a maioría teñen implantados programas de vacinación fronte á mesma. Por outra parte, as pestes porcinas son enfermidades virais que cursan con alteracións vasculares e hemorráxicas en todo o organismo, determinando unha sintomatoloxía dixestiva, respiratoria, nerviosa e/ou reprodutiva. A súa aparición causa un impacto moi severo na sanidade animal e no sector porcino polas súas elevadas taxas de mortalidade e morbilidade. Na actualidade, non están presentes no noso país, pero debido á existencia dun alto risco de reintrodución, inclúense no Plan de Vixilancia Sanitaria Porcina (RD 599/11).
  • filter icon
    Circovirose porcina: síndrome multisistémica de desmedro posdestete
    López Lorenzo, Gonzalo; López Novo, Cynthia; Prieto Lago, Alberto; Díaz Cao, José Manuel
    O Circovirus Porcino Tipo 2 (PCV2) é un virus non envolto formado por unha cadea simple de ADN. Este virus presenta unha alta resistencia ambiental que fai que poida ser infectivo para potenciais hospedeiros durante un longo período de tempo. O PCV2 presenta unha gran especificidade de hospedeiro, sendo os porcos e os xabarís os seus hospedeiros naturais e os únicos animais que poden desenvolver unha enfermidade asociada a esta infección. Os cadros clínicos asociados a esta infección son variados e poden consistir en: infeccións subclínicas (PCV2-SI), enfermidade reprodutiva (PCV2-RD), síndrome de Dermatite e Nefropatía Porcina (PDNS) e a Enfermidade Sistémica por PCV2 (PCV2-SD). A aparición e desenvolvemento de calquera destes procesos está influenciado por diferentes factores, tales como a virulencia do xenotipo vírico, o estado inmunitario do hospedeiro e a concorrencia de coinfeccións ou pautas de manexo levadas a cabo nas granxas. A distribución da infección por PCV2 é global. En condicións naturais, os porcos inféctanse a partir dos 2-3 meses de vida cando perderon a súa inmunidade maternal. A principal forma de transmisión é a horizontal. O virus elimínase por diferentes excrecións, sendo a vía fecal-oral a principal forma de contaxio. A transmisión é moi eficiente estendéndose rapidamente a través da granxa. Así, en condicións sen vacinación pódense chegar a observar seroprevalencias próximas ao 100 % a final da etapa de cebo. A transmisión vertical tamén é posible, aínda que de forma limitada. A vacinación fronte a PCV2 é esencial para o control da infección e na actualidade practicamente todos os porcos son vacinados fronte ao virus. A vacinación aplícase habitualmente ás 3-4 semanas de vida dos leitóns e é capaz de protexer fronte á infección ata o último terzo da fase de cebo. O uso das vacinas conseguiu reducir significativamente a prevalencia de infección. Sen embargo, os intentos por lograr unha posible erradicación non foron exitosos.
  • Thumbnail Image
    filter icon
    Moquillo canino
    Prieto Lago, Alberto; Díaz Cao, José Manuel; López Novo, Cynthia; López Lorenzo, Gonzalo
    O moquillo canino, tamén denominado «distemper» polo seu nome en inglés ou «enfermidade de Carré» polo seu descubridor Henri Carré (1905), é unha enfermidade vírica que afecta fundamentalmente a cánidos, aínda que posteriormente se demostrou que tamén afecta a outras familias de carnívoros. O moquillo é un proceso de elevada contaxiosidade que causa afectación multisistémica, e polo tanto pódese manifestar cunha ampla gama de signos clínicos. En xeral, os signos xerais e respiratorios son os máis frecuentes, pero tamén poden aparecer signos dixestivos, cutáneos e mesmo nerviosos; en relación a isto último, os cadros clínicos con implicación neurolóxica adoitan ser os máis graves, e en moitos casos poden chegar a producir secuelas permanentes e/ou a morte do animal. Por outra banda, tamén son frecuentes as infeccións bacterianas secundarias, que tenden a agravar o cadro clínico. O control do moquillo baséase fundamentalmente, dada a súa contaxiosidade, no illamento dos animais enfermos, algo especialmente  importante no caso de colectivos. Por outro lado, a prevención da enfermidade apóiase principalmente na profilaxe médica mediante a administración de vacinas.
FECYT