Loading...

Pérez Rivas, Natalia
Email Address
Birth Date
Research Projects
Organizational Units
Job Title
Autor
Last Name
Pérez Rivas
First Name
Natalia
Name
Natalia Pérez Rivas
4 results
Now showing 1 - 4 of 4
- Results Per Page
- Sort Options
- A medida de seguridade pospenitenciaria de liberdade vixiadaPérez Rivas, NataliaA doutrina española tiña reclamado, de forma reiterada, a creación dunha categoría de estado perigoso para imputables, argumentando que unha pena axustada simplemente á súa culpabilidade non era o instrumento axeitado para facer fronte á ameaza que representaban. De entre os diversos modelos que ofrece o dereito comparado, o lexislador español decidiuse por unha solución dualista creando a nova medida de seguridade pospenitenciaria de liberdade vixiada. Esta medida permite controlar, unha vez cumprida a correspondente pena de prisión, a aqueles delincuentes con relación aos que a prisión fracasa no seu labor de resocialización. Nesta unidade didáctica realízase unha análise xurídica desta nova medida de seguridade pospenitenciaria a efectos de poñer de relevo os principais problemas que suscita a súa regulación.
- O delito de financiamento ilegal dos partidos políticosPérez Rivas, NataliaOs partidos políticos desempeñan un papel fundamental no funcionamento democrático do Estado. Con todo, o seu financiamento ilegal é unha constante nas democracias e unha das formas máis graves da corrupción política. Por iso, o lexislador optou pola súa tipificación autónoma na reforma operada, no Código Penal, pola Lei Orgánica 1/2015, de 30 de marzo (art. 304 bis). Certamente, a configuración dun delito de financiamento ilegal dos partidos políticos supón unha protección reforzada da función constitucional que aqueles desenvolven, en tanto que vehículos a través dos que canalizar a manifestación da vontade popular sen ningunha interferencia externa. Pese ao loable desta iniciativa, a súa articulación é altamente deficiente ao non contemplar unha ampla gama de situacións que poden danar de forma grave o ben xurídico tutelado polo tipo penal.
- O delito de tráfico de menores para a súa adopción ilegal (art. 221 CP)Pérez Rivas, NataliaO delito de tráfico de menores para a súa adopción ilegal regulouse por primeira vez no Código Penal de 1995. A súa tipificación foi froito das obrigas supranacionais asumidas por España e da inexistencia no texto punitivo dun precepto capaz de abarcar o total desvalor inherente a esta conduta. A ratio legis do tipo é a sanción daqueles comportamentos que tratan ao menor como unha mercancía susceptible de ser vendida e comprada.



