Loading...

Alonso Veloso, María José
Email Address
Birth Date
Research Projects
Organizational Units
Job Title
Autor
Last Name
Alonso Veloso
First Name
María José
Name
María José Alonso Veloso
5 results
Now showing 1 - 5 of 5
- Results Per Page
- Sort Options
- Quevedo y la poesía del siglo XVII (con Italia en perspectiva)Alonso Veloso, María JoséLa monografía recoge doce estudios dedicados a la obra poética de Francisco de Quevedo en el contexto del siglo XVII. Se tratan temas que van desde sus prácticas poéticas o la valoración de poemas del Parnaso español desde su biografía, hasta las traducci
- Quevedo y la poesía del S. XVII (con Italia en perspectiva)Alonso Veloso, María JoséLa monografía recoge doce estudios dedicados a la obra poética de Francisco de Quevedo en el contexto del siglo XVII. Se tratan temas que van desde sus prácticas poéticas o la valoración de poemas del Parnaso español desde su biografía, hasta las traducciones poéticas de los clásicos en los comentarios del Anacreón castellano del autor o las noticias literarias en el epistolario de Quevedo.
- A poesía na preceptiva.: A "crítica literaria" e as polémicasAlonso Veloso, María JoséA presente unidade didáctica sobre a poesía na preceptiva, a «crítica literaria» e as polémicas é a segunda das cinco incluídas na materia obrigatoria Literatura Española do Século XVII: Poesía. Estuda de xeito exhaustivo as principais tendencias, xéneros, temas e autores da lírica española do século XVII, cunha especial atención ao período comprendido entre 1580 e 1650, e ás obras de tres grandes poetas da época: Luis de Góngora, Lope de Vega e Francisco de Quevedo. A unidade II, programada cunha duración aproximada de dúas semanas e seis horas presenciais, afonda nas normas reiteradas nas preceptivas, que seguen publicándose coa mirada posta na literatura e os xéneros poéticos do pasado. O seu contido contrasta coa práctica da lírica barroca, que demostra o seu radical incumprimento. É unha época na que a innovación apreciable nos tres grandes xéneros supón dar as costas aos preceptos herdados, nun tempo marcado por un espírito polémico e a difusión de abundantes xuízos críticos sobre a literatura contemporánea. Os contidos, apoiados en textos da época, son indispensables na formación do alumnado en Lingua e Literatura Españolas. Pola súa condición de introdución xeral, como ocorre coa primeira, dedicada aos trazos da poesía barroca, ten unha importancia crucial para que os estudantes adquiran os coñecementos e as estratexias fundamentais para entender a lírica barroca.
- Trazos xerais da poesía do século XVIIAlonso Veloso, María JoséA presente unidade didáctica sobre os trazos xerais da lírica barroca é a primeira das cinco incluídas na materia obrigatoria Literatura Española do Século XVII: Poesía. Estuda de xeito exhaustivo as principais tendencias, xéneros, temas e autores da lírica española do século XVII, cunha especial atención ao período comprendido entre 1580 e 1650, e ás obras de tres grandes poetas da época: Luis de Góngora, Lope de Vega e Francisco de Quevedo. A unidade I, programada cunha duración aproximada de catro semanas e doce horas presenciais, afonda nos trazos da lírica barroca, debuxando as liñas mestras da época, un contexto imprescindible para comprender as creacións poéticas das principais figuras. A análise das canles de transmisión da poesía, as tradicións que conflúen na época xustificando os diferentes xéneros vixentes, os temas e motivos esenciais, os distintos grupos poéticos que cabe establecer con criterios cronolóxicos, xeográficos e estilísticos, pero tamén as tendencias estéticas fundamentais, resulta indispensable na formación do alumnado en Lingua e Literatura Españolas.
- O teatro de Lope de VegaTacón García, Antía; Alonso Veloso, María JoséEsta sétima unidade da materia «Literatura española do século XVII: teatro e prosa» afonda na obra dramática de Lope de Vega, iniciador da «comedia nueva» e, polo tanto, da renovación teatral que marcou un antes e un despois na historia deste xénero nos países de fala hispana. Unha vez establecidos os conceptos e postulados teóricos máis relevantes con respecto ao teatro barroco, en particular os que Lope expón na súa peculiar poética dramática Arte nuevo de hacer comedias (1609), examínase a produción concreta deste autor. Con esa fin, analízanse dúas comedias paradigmáticas, Fuente Ovejuna e El caballero de Olmedo, atendendo á súa xénese e publicación; aos seus temas e trazos fundamentais; e á súa interpretación e recepción ao longo da historia, incluíndo a visualización de diversas postas en escena de carácter recente.



