Loading...

López Pedreira, Alicia
Email Address
Birth Date
Research Projects
Organizational Units
Job Title
Autor
Last Name
López Pedreira
First Name
Alicia
Name
Alicia López Pedreira
1 results
Now showing 1 - 1 of 1
- Results Per Page
- Sort Options
- Quero ser investigadora.: Universidade de Vigo.Valderrama Santomé, Mónica; López Pedreira, Alicia; Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais. Universidade de Vigo.Habitualmente, na infancia e na adolescencia fálannos de persoas destacadas, puntos de referencia en diferentes campos para servirnos de modelo para o noso futuro. No ámbito científico, nos últimos anos estase a incidir na visibilización da muller para fomentar a súa participación neste ámbito como parte dunha estratexia coa que se pretende favorecer un mundo máis xusto e igualitario onde as mulleres teñan presenza nas áreas de coñecemento primordiais nos vindeiros anos. Porén, nestes casos, sempre se fai referencia a mulleres de gran talento como Marie Curie, Jane Godwall, Ada Lovelace etc., que non son coetáneas das rapazas e rapaces cos que estamos interactuando e que, incluso, quedan moi afastadas, xeograficamente falando, destas nenas e nenos. Desde a Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo queremos romper moldes e apostar por ofrecerlles ás novas xeracións exemplos de investigadoras actuais e que están moito máis preto do que normalmente se pensa. Con «Quero ser investigadora» buscamos poñer en valor as contribucións e as investigacións da nosa universidade mediante o traballo destas dez científicas a nenas e nenos de diferentes centros educativos e ao público en xeral. Cada libro é unha porta que se abre para coñecer de primeira man a historia de dez persoas que apostaron por facer o que lles gusta e por colaborar no avance da sociedade traballando desde a Universidade de Vigo. O obxectivo fundamental é valorar e visibilizar mulleres científicas contemporáneas, pioneiras en moitos casos, e espertar a vocación investigadora entre as e os máis cativos, con figuras femininas da súa contorna como referencia. Agardamos que con esta iniciativa, a frase «Quero ser investigadora» sexa unha constante en moitas rapazas e reafirme moitas outras no seu intento de converterse na persoa que queiran ser, tal e como fixeron as protagonistas das nosas historias. Animámosvos a coñecelas e a axudarnos a difundir as súas vivencias para espertar intereses, promover soños, incentivar vocacións e, sobre todo, evidenciar a achega da Universidade de Vigo e destas investigadoras no avance do coñecemento.



