Loading...
Profile Picture

Alonso-Ruido, Patricia

Email Address

Birth Date

Research Projects

Organizational Units

Job Title

Autor

Last Name

Alonso-Ruido

First Name

Patricia

Name

Patricia Alonso-Ruido
Now showing 1 - 3 of 3
  • filter icon
    Problemáticas na familia da persoa con discapacidade
    Regueiro Fernández, Bibiana; Alonso-Ruido, Patricia
    A figura profesional do educador e da educadora social é especialmente importante no campo das discapacidades. Dentro da materia acción socioeducativa nas discapacidades, a presente unidade didáctica céntrase nas distintas problemáticas que poden darse na familia dunha persoa con diversidade funcional. A familia constitúe un sistema aberto, cunhas funcións e tarefas básicas que favorecen o desenvolvemento da socialización dos seus membros. Ademais, no caso das persoas con capacidades diversas a familia é o primeiro e máis importante elemento de acollida.
  • filter icon
    Modelos, clasificacións e situación da discapacidade
    Regueiro Fernández, Bibiana; Alonso-Ruido, Patricia
    A unidade didática que se presenta forma parte da materia acción socioeducativa nas discapacidades, materia de formación optativa que se desenvolve no segundo semestre do terceiro curso do grao de Educación Social. Ten asignados 6 créditos ECTS que se desenvolven en módulos temporais de dúas horas, cunha sesión semanal expositiva e unha interactiva. Os contidos fundamentais que dan corpo a esta unidade didáctica correspóndense cos relacionados coa significación do coñecemento das discapacidades e a súa evolución.
  • filter icon
    Análise Socio-Educativa das situacións de risco na familia e dos problemas intrafamiliares
    Alonso-Ruido, Patricia; Regueiro Fernández, Bibiana
    A figura profesional da pedagoga e do pedagogo é especialmente importante no seodas familias. Dentro da materia pedagoxía familiar, a presente unidade didácticacéntrase na análise social e educativa das situacións de risco na familia e dosproblemas intrafamiliares. Ao longo da segunda metade do século XX as transformacións sociais,culturais e demográficas impulsadas pola terceira onda do movemento feministaxeraron grandes cambios ideolóxicos e lexislativos para as familias. Unha realidadematerializada grazas á revolución sexual, a independencia e empoderamento dasmulleres, a liberdade de unións, as separacións e os divorcios, entre outros cambiossociais e políticos. Con todo, a pesar das variacións de dinámicas e estruturas que a familiasufriu ao longo da historia, continúa configurándose como un referente clave paratodos os seres humanos (Musito e Cava, 2001). A familia é considerada o grupoprimario por excelencia no que as persoas viven e desenvolven as experiencias ehabilidades necesarias para a vida (Bezanilla e Miranda, 2013), polo que xoga unpapel fundamental no desenvolvemento psicolóxico, social e emocional de todos osseres humanos. No momento actual de efervescencia social que caracteriza as sociedadesposmodernas, as dinámicas relacionais teñen unha forte pegada violenta.Especificamente en relación ao tema que nos ocupa, a violencia é unha epidemia queconfigura a familia como o contexto social máis violento (Aroca et al., 2014). Violenciaexercida multidireccionalmente entre os membros do núcleo familiar abarcando desdeos malos tratos infantís e os abusos sexuais ata a violencia filio-parental.O artigo 173.2 Código Penal (1995) define a violencia familiar como aquelaviolencia física ou psíquica que se exerce sobre os membros da mesma unidadefamiliar, unidos/as por relación afectiva ou de dependencia, exista convivencia ounon, existan lazos biolóxicos e civís ou non. Implica, por tanto, a descendentes,ascendentes, cónxuxes e irmáns/ás de sangue ou non, deixando fóra os casos deviolencia machista. A violencia familiar pode implicar ás nenas e nenos de multiplicidade deformas, polo que é fundamental que o pedagogo e a pedagoga saiban identificar eintervir nas situacións de risco e os problemas intrafamiliares que poden afectar odesenvolvemento integral dos e das máis pequenas. Fundamentalmente, porque sonprofesionais que se atopan nunha posición privilexiada (Priegue e Cambeiro, 2016).Deste xeito, a importancia da temática da presente unidade didáctica perfílasefundamental no estudo da familia e as súas dinámicas, pois comprender os procesosque se desenvolven nas familias pasa por coñecer e identificar as situacións de riscoque poden vivir as nenas e nenos. Neste sentido, ao longo desta unidade didácticaafondarase especificamente nas situacións de maltrato infantil, abusos sexuaise violencia filio-parental (ver Figura 1). A temporalización da unidade didácticaabrangue 3 semanas de traballo teórico-práctico e está destinada ao alumnado decuarto do grao en Pedagoxía.
FECYT