Loading...
Profile Picture

Valderrama Santomé, Mónica

Email Address

Birth Date

Research Projects

Organizational Units

Job Title

Autor

Last Name

Valderrama Santomé

First Name

Mónica

Name

Mónica Valderrama Santomé
Now showing 1 - 2 of 2
  • filter icon
    Quero ser investigadora 2.: Universidade de Vigo.
    Valderrama Santomé, Mónica; Calvo López, Lucía; Crespo Cruces, Marta
    Un ano máis, a Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo aposta por mostrarlle á mocidade que moi preto da súa casa existen mulleres investigadoras que están a realizar un traballo de grande importancia para todas e todos. Volvemos difundir a historia de dez novas referentes, dez mulleres, dez investigadoras, dez nenas que quixeron dedicarse ao que máis lles gusta: achegar novos coñecementos sobre a súa área de traballo que axuden a sociedade a avanzar cara a un futuro mellor. A nosa intención segue a ser a mesma: valorar e visibilizar mulleres científicas contemporáneas, pioneiras en moitos casos, e espertar a vocación investigadora entre os máis cativos e cativas, que terán figuras femininas da súa contorna como referencia. O deporte, a arqueoloxía, a lingua, a física, a paleontoloxía etc., son as áreas nas que traballan estas investigadoras, que contan a súa historia, os seus avances e as súas aspiracións nesta pequena publicación para que moitas nenas poidan verse reflectidas e, así, se animen a encamiñar os seus estudos cara á investigación. Unha nena que soñaba con ir ao espazo, outra que ía a escavacións co seu pai ou unha pequena aventureira…, pero todas cunha marca común: a curiosidade e a determinación. Todas buscan saber máis, descubrir cousas novas e non dubidan en loitar por facer o que lles gusta. Iso é o que queremos que fagan as nenas e nenos que lean estas historias. Desta forma, a Universidade de Vigo quere valorar a investigación en feminino e, a través destes relatos, formar parte das vivencias e das ansias da mocidade. Así, promoverá que as novas xeracións teñan novos intereses, grandes soños e, sobre todo, se inspiren en persoas que forman parte desta institución para que nun futuro elas e eles se poidan converter en investigadoras e investigadores. Achegádevos a estes pequenos contos, vivide con elas as súas experiencias e, sobre todo, aprendede moito, porque o avance do coñecemento e a mellora da nosa sociedade depende en gran medida de que as nenas e nenos de agora queiran ser as científicas e científicos do futuro. E ti, queres ser investigadora?.
  • filter icon
    Quero ser investigadora.: Universidade de Vigo.
    Valderrama Santomé, Mónica; López Pedreira, Alicia; Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais. Universidade de Vigo.
    Habitualmente, na infancia e na adolescencia fálannos de persoas destacadas, puntos de referencia en diferentes campos para servirnos de modelo para o noso futuro. No ámbito científico, nos últimos anos estase a incidir na visibilización da muller para fomentar a súa participación neste ámbito como parte dunha estratexia coa que se pretende favorecer un mundo máis xusto e igualitario onde as mulleres teñan presenza nas áreas de coñecemento primordiais nos vindeiros anos. Porén, nestes casos, sempre se fai referencia a mulleres de gran talento como Marie Curie, Jane Godwall, Ada Lovelace etc., que non son coetáneas das rapazas e rapaces cos que estamos interactuando e que, incluso, quedan moi afastadas, xeograficamente falando, destas nenas e nenos. Desde a Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo queremos romper moldes e apostar por ofrecerlles ás novas xeracións exemplos de investigadoras actuais e que están moito máis preto do que normalmente se pensa. Con «Quero ser investigadora» buscamos poñer en valor as contribucións e as investigacións da nosa universidade mediante o traballo destas dez científicas a nenas e nenos de diferentes centros educativos e ao público en xeral. Cada libro é unha porta que se abre para coñecer de primeira man a historia de dez persoas que apostaron por facer o que lles gusta e por colaborar no avance da sociedade traballando desde a Universidade de Vigo. O obxectivo fundamental é valorar e visibilizar mulleres científicas contemporáneas, pioneiras en moitos casos, e espertar a vocación investigadora entre as e os máis cativos, con figuras femininas da súa contorna como referencia. Agardamos que con esta iniciativa, a frase «Quero ser investigadora» sexa unha constante en moitas rapazas e reafirme moitas outras no seu intento de converterse na persoa que queiran ser, tal e como fixeron as protagonistas das nosas historias. Animámosvos a coñecelas e a axudarnos a difundir as súas vivencias para espertar intereses, promover soños, incentivar vocacións e, sobre todo, evidenciar a achega da Universidade de Vigo e destas investigadoras no avance do coñecemento.
FECYT