Loading...

Garrido Gil, Pablo
Email Address
Birth Date
Research Projects
Organizational Units
Job Title
Autor
Last Name
Garrido Gil
First Name
Pablo
Name
Pablo Garrido Gil
3 results
Now showing 1 - 3 of 3
- Results Per Page
- Sort Options
- Citoloxía: estudo da microscopia da célulaLage Pita, Lucía; Garrido Gil, Pablo; Quijano Ocampo, AloiaA unidade didáctica Citoloxía. Estudo da microscopia da célula está incluída na materia anatomía, histoloxía e citoloxía (6 ECTS), que se impartirá no primeiro curso do grao de Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela ao longo do primeiro semestre. Esta parte da materia será cursada a continuación do contido de citoloxía, unha vez que os alumnos xa teñan unha visión xeral e introdutoria das estruturas e funcións celulares. Esta unidade didáctica durante as horas prácticas céntrase na observación, descrición e recoñecemento a través dun microscopio óptico das diferentes estruturas celulares, así como dos distintos tipos celulares e tecidos. Durante os seminarios, nesta unidade didáctica, o alumnado responderá, de maneira individual ou en grupos reducidos e coa axuda do profesor, cuestións ou farán exercicios e traballos sobre a aplicación dos contidos teóricos. Organízase nun seminario e catro prácticas, que están deseñados para ser desenvoltos en dúas sesións de prácticas cunha duración de dúas horas cada unha e unha sesión de seminarios cunha duración tamén de dúas horas.
- NeuroanatomíaQuijano Ocampo, Aloia; Garrido Gil, Pablo; Lage Pita, LucíaA unidade didáctica Neuroanatomía está incluída na materia anatomía humana (6 ECTS), que se imparte no primeiro curso do grao en Enfermería na Universidade de Santiago de Compostela, ao longo do primeiro semestre. Esta unidade cursarase ao final da materia, unha vez que os alumnos xa teñen unha visión xeral e introdutoria da anatomía do resto do organismo humano. Esta unidade didáctica centrarase no estudo da morfoloxía externa e estrutura interna da medula espiñal e dos diferentes compoñentes do encéfalo. Organízase en 6 temas, que están deseñados para ser desenvolvidos en 4 sesións presenciais, unha sesión de seminario de dúas horas, e unha sesión práctica de dúas horas de duración.
- Esplancnoloxía I: aparellos circulatorio e respiratorioGarrido Gil, Pablo; Quijano Ocampo, Aloia; Lage Pita, LucíaA unidade didáctica «Esplancnoloxía I: aparellos circulatorio e respiratorio» está incluída na materia anatomía humana (6 ECTS), que se imparte no primeiro curso do grao en Enfermaría na Universidade de Santiago de Compostela, ao longo do primeiro semestre. Esta unidade é a segunda das catro unidades didácticas nas que se divide a materia. Cúrsase unha vez que o alumnado xa ten unha visión xeral e introdutoria da estrutura e organización do corpo humano. Nela estúdase a anatomía descritiva e funcional dos aparellos circulatorio e respiratorio. Organízase en 6 temas, que están deseñados para ser desenvolvidos en 5 sesións expositivas de 50 min cada unha delas, e 2 sesións interactivas (1 seminario e 1 práctica de laboratorio) de 2 horas cada unha delas.



