Loading...
Profile Picture

Paül Carril, Valerià

Email Address

Birth Date

Research Projects

Organizational Units

Job Title

Autor

Last Name

Paül Carril

First Name

Valerià

Name

Valerià Paül Carril
Now showing 1 - 3 of 3
  • filter icon
    A organización administrativa do territorio
    Otero Varela, Alejandro; Paül Carril, Valerià
    O ADN, presente en células humanas en núcleo e mitocondrias, é a molécula que contén a información xenética e que permite a transmisión desta información ó longo do tempo. Nesta unidade didáctica introduciranse aspectos básicos da estrutura e organización do ADN na célula eucariota humana, e os patróns de transmisión de información xenética e como estes afectan á manifestación fenotípica. Esta unidade didáctica trata de axudar a comprender a terminoloxía médica dos caracteres con base xenética, a súa relación co ADN contido en cada unha das nosas células e a forma en que se transmiten nas sucesivas xeracións.
  • Thumbnail Image
    filter icon
    A consideración tradicional da paisaxe desde a ordenación:: espazos naturais protexidos e patrimonio histórico-artístico
    Vila Lage, Roberto; Paül Carril, Valerià
    Segunda unidade didáctica da materia Xestión Territorial da Paisaxe, de carácter obrigatorio no cuarto curso do grao en Xeografía e Ordenación do Territorio. Se a materia no seu conxunto se dirixe a ofrecer unha casuística da consideración da paisaxe en distintos tipos de planificación, esta unidade en particular incide nos mecanismos clásicos e tradicionais neste sentido, nomeadamente de tipo protector e conservador. Deste xeito, esta unidade escolma particularmente procedementos de traballo coa paisaxe habituais na época previa á sinatura do Convenio Europeo da Paisaxe (CEP) no ano 2000. Porén, perviviron após, coexistindo cos mecanismos renovados derivados do CEP. Así, a continuidade post-2000 das políticas de paisaxe anteriores ao CEP é unha das razóns que motivan a formulación desta unidade.
  • Thumbnail Image
    filter icon
    O sistema urbano. As áreas metropolitanas
    Paül Carril, Valerià; Vila Vázquez, José Ignacio
    Esta unidade didáctica inclúese dentro da materia de Xeografía de España (6 créditos ECTS), correspondente ao terceiro curso do grao en Xeografía e Ordenación do Territorio e que se imparte no primeiro semestre. Dentro do bloque xeral da poboación, dos asentamentos e das actividades da materia de Xeografía de España, o estudo do sistema urbano constitúe un dos aspectos centrais para a comprensión doutros elementos e procesos xeográficos chave de España tales como o espazo rural, a economía, a articulación do espazo a través das infraestruturas de transporte ou a organización territorial. Nunha primeira abordaxe, a aplicación dunha aproximación sistémica permite revisar a traxectoria diacrónica das cidades que actualmente se sitúan en España, entendendo o proceso urbanizador de forma ampla a través de diversas cuestións: como se foron artellando entre elas, cales no pasado tiveron máis relevancia, se algunhas decaeron e por que, se outras emerxeron e as causas de tal desenvolvemento, etc. Complementariamente, isto permite abordar cuestións de espazo interno das cidades que culminan na rápida e intensa dinámica urbanística recente, aspecto ao que se lle dedica máxima atención. Nun segundo momento, o estudo sistémico de carácter sincrónico posibilita a análise dos principais espazos directores do sistema urbano español e as súas implicacións en termos de planificación e de ordenación do territorio. Neste punto, a comprensión da relevancia actual das áreas metropolitanas acada un papel especial. Idealmente, estes dous grandes bloques deben ser tratados cada día nunha sesión expositiva, mentres que o breve apartado inicial dedicado á revisión de manuais e, precisamente, á xustificación desta distribución bipartita non ten por que ser traballado nas aulas de forma directa ou pode consistir, tan só, nunha breve reflexión introdutoria. Finalmente, non se pode perder de vista que esta unidade temática pode constituír unha primeira introdución para as materias de Xeografía Urbana e de Fundamentos de Ordenación do Territorio, que serán abordadas nos seguintes meses do grao.
FECYT