Análise Socio-Educativa das situacións de risco na familia e dos problemas intrafamiliares
| dc.contributor.author | Alonso-Ruido, Patricia | |
| dc.contributor.author | Regueiro Fernández, Bibiana | |
| dc.date.accessioned | 2026-03-05T08:41:52Z | |
| dc.date.available | 2024-05-29 | es |
| dc.date.issued | 2022-03-16 | |
| dc.description.abstract | A figura profesional da pedagoga e do pedagogo é especialmente importante no seodas familias. Dentro da materia pedagoxía familiar, a presente unidade didácticacéntrase na análise social e educativa das situacións de risco na familia e dosproblemas intrafamiliares. Ao longo da segunda metade do século XX as transformacións sociais,culturais e demográficas impulsadas pola terceira onda do movemento feministaxeraron grandes cambios ideolóxicos e lexislativos para as familias. Unha realidadematerializada grazas á revolución sexual, a independencia e empoderamento dasmulleres, a liberdade de unións, as separacións e os divorcios, entre outros cambiossociais e políticos. Con todo, a pesar das variacións de dinámicas e estruturas que a familiasufriu ao longo da historia, continúa configurándose como un referente clave paratodos os seres humanos (Musito e Cava, 2001). A familia é considerada o grupoprimario por excelencia no que as persoas viven e desenvolven as experiencias ehabilidades necesarias para a vida (Bezanilla e Miranda, 2013), polo que xoga unpapel fundamental no desenvolvemento psicolóxico, social e emocional de todos osseres humanos. No momento actual de efervescencia social que caracteriza as sociedadesposmodernas, as dinámicas relacionais teñen unha forte pegada violenta.Especificamente en relación ao tema que nos ocupa, a violencia é unha epidemia queconfigura a familia como o contexto social máis violento (Aroca et al., 2014). Violenciaexercida multidireccionalmente entre os membros do núcleo familiar abarcando desdeos malos tratos infantís e os abusos sexuais ata a violencia filio-parental.O artigo 173.2 Código Penal (1995) define a violencia familiar como aquelaviolencia física ou psíquica que se exerce sobre os membros da mesma unidadefamiliar, unidos/as por relación afectiva ou de dependencia, exista convivencia ounon, existan lazos biolóxicos e civís ou non. Implica, por tanto, a descendentes,ascendentes, cónxuxes e irmáns/ás de sangue ou non, deixando fóra os casos deviolencia machista. A violencia familiar pode implicar ás nenas e nenos de multiplicidade deformas, polo que é fundamental que o pedagogo e a pedagoga saiban identificar eintervir nas situacións de risco e os problemas intrafamiliares que poden afectar odesenvolvemento integral dos e das máis pequenas. Fundamentalmente, porque sonprofesionais que se atopan nunha posición privilexiada (Priegue e Cambeiro, 2016).Deste xeito, a importancia da temática da presente unidade didáctica perfílasefundamental no estudo da familia e as súas dinámicas, pois comprender os procesosque se desenvolven nas familias pasa por coñecer e identificar as situacións de riscoque poden vivir as nenas e nenos. Neste sentido, ao longo desta unidade didácticaafondarase especificamente nas situacións de maltrato infantil, abusos sexuaise violencia filio-parental (ver Figura 1). A temporalización da unidade didácticaabrangue 3 semanas de traballo teórico-práctico e está destinada ao alumnado decuarto do grao en Pedagoxía. | |
| dc.description.sponsorship | ||
| dc.description.tableofcontents | es | |
| dc.description.version | es | |
| dc.format | Libro digital | |
| dc.format.extent | p. 27 | |
| dc.identifier.doi | 10.15304/9788419155016 | |
| dc.identifier.isbn | 9788419155016 | |
| dc.identifier.uri | es | |
| dc.identifier.uri | https://pepa.une.es/handle/123456789/71851 | |
| dc.language | Gallego | es |
| dc.publisher | Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC | |
| dc.relation.ispartofseries | es | |
| dc.rights | Creative Commons Attribution 4.0 International (CC BY 4.0) | en |
| dc.rights.accessRights | openAccess | en |
| dc.rights.uri | http://creativecommons.org/licenses/by/4.0/ | en |
| dc.subject | es | |
| dc.subject.keywords | es | |
| dc.subject.other | Pedagogía social | es |
| dc.title | Análise Socio-Educativa das situacións de risco na familia e dos problemas intrafamiliares | |
| dc.type | es | |
| dspace.entity.type | Publication | |
| relation.isAuthorOfPublication | 6dca1c38-2573-4eb0-abbf-4c1d3734aeee | |
| relation.isAuthorOfPublication | 86c69bf3-e9ca-4dcd-b4c9-435395267ee9 | |
| relation.isAuthorOfPublication.latestForDiscovery | 6dca1c38-2573-4eb0-abbf-4c1d3734aeee | |
| relation.isOrgUnitOfPublication | 0142ba5e-2c51-4bb7-a302-c3a7dfafc9ad | |
| relation.isOrgUnitOfPublication.latestForDiscovery | 0142ba5e-2c51-4bb7-a302-c3a7dfafc9ad | |
| une.sello | false |


