Proxectos INOU 2023.: Investigación aplicada na provincia de Ourense
| dc.contributor.author | Astray Dopazo, Gonzalo | |
| dc.contributor.author | Rodríguez Rajo, Francisco Javier | |
| dc.date.accessioned | 2026-03-05T08:52:32Z | |
| dc.date.available | es | |
| dc.date.issued | 2024-10-22 | |
| dc.description.abstract | Dentro dos tres principais piares nos cales se basea a nosa universidade (docencia, investigación e transferencia), cremos firmemente no poder da transferencia e, sobre todo, cara ao sector socioeconómico que nos rodea. Esta facilita que os avances cheguen ás empresas e ás persoas dun xeito práctico e eficaz como ferramenta fundamental para a transformación que se está a producir en todos os ámbitos da nosa sociedade. Nun exemplo de colaboración interinstitucional, que persegue a suma de esforzos para multiplicar resultados na procura dunha mellor calidade de vida das e dos habitantes da nosa contorna, a Deputación Provincial de Ourense e o Campus Auga da Universidade de Vigo traballan no fornecemento da investigación do campus a través dos convenios de colaboración asinados anualmente dende o ano 2003. Estes, entre outras cousas, contribúen ao financiamento desta convocatoria de Axudas a grupos de investigación do Campus de Ourense (INOU). Nesta 20.a edición continuamos a traballar na senda da colaboración entre grupos de investigación de diferentes ámbitos de coñecemento para achegarlles solucións aos desafíos, presentes e futuros, de Galicia. Vivimos nunha época marcada por cambios rápidos e profundos en todos os sectores, polo que tratar os retos dende un punto de vista multidisciplinar representa a chave para que ideas, talento e experiencia conflúan na inspiración de proxectos profesionais e solucións baseadas na innovación, para así axudar a construír un mundo máis sostible, máis inclusivo e máis xusto. Nesta convocatoria seleccionáronse oito proxectos de investigación e potenciouse a coordinación entre diferentes ámbitos, que abranguen importantes eixes do desenvolvemento da nosa provincia como a sustentabilidade do medio ambiente, a posta en valor do noso patrimonio ou a mellora do benestar e da saúde dende un punto de vista tecnolóxico. No eido do medio ambiente avaliáronse as implicacións do crecemento económico nos procesos de contaminación a través dunha aproximación dende a aprendizaxe automática, propuxéronse diversas estratexias para a xestión sustentable de refugallos vitivinícolas na provincia de Ourense e establecéronse medidas de concienciación medioambiental na educación secundaria tendo en conta as variacións do clima da nosa contorna. Tamén se puxo en valor o noso patrimonio mediante o estudo da importancia que tivo a presenza dos primeiros poboadores da provincia de Ourense no xacemento paleolítico da Piteira (Toén, Ourense). No campo da saúde deseñouse un sistema de automatización da diagnose a partir de signos radiolóxicos, ferramenta que, mediante a combinación de técnicas de intelixencia artificial e modelos de aprendizaxe automática, infire automaticamente as diagnoses médicas máis probables a partir dos signos presentes nunha imaxe de raios X. Tamén se avaliou a importancia de novos cultivos para a nosa provincia, como o da mostaza, que nos permite a extracción de novos compostos bioactivos con alta repercusión na saúde. Finalmente, deseñáronse novas ferramentas tecnolóxicas para mellorar a atención á diversidade nas nosas aulas como a caracterización do uso do espazo escolar mediante posicionamento en tempo real do alumnado a través do dispositivo de localización uwb. A Vicerreitoría do Campus de Ourense, xunto coa Vicerreitoría de Investigación, Transferencia e Innovación da Universidade de Vigo, queremos agradecerlle o apoio á Deputación Provincial de Ourense, así como o esforzo realizado polas investigadoras e investigadores que participaron nesta nova edición das axudas INOU. Así, froito desta colaboración presentáronse traballos de gran calidade e de moito proveito e interese para todo o tecido socioeconómico da nosa provincia. | |
| dc.description.sponsorship | ||
| dc.description.tableofcontents | es | |
| dc.description.version | 1ª Edición | es |
| dc.format | Vertical (Acartelado) | |
| dc.format.extent | p. 200 | |
| dc.identifier.doi | es | |
| dc.identifier.isbn | 9788411880350 | |
| dc.identifier.uri | es | |
| dc.identifier.uri | https://pepa.une.es/handle/123456789/72197 | |
| dc.language | Gallego | es |
| dc.publisher | Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo | |
| dc.relation.ispartofseries | es | |
| dc.rights | Creative Commons Attribution 4.0 International (CC BY 4.0) | en |
| dc.rights.accessRights | openAccess | en |
| dc.rights.uri | http://creativecommons.org/licenses/by/4.0/ | en |
| dc.subject | es | |
| dc.subject.keywords | El medioambiente | |
| dc.subject.other | Sociedad y cultura: general | es |
| dc.title | Proxectos INOU 2023.: Investigación aplicada na provincia de Ourense | |
| dc.type | es | |
| dspace.entity.type | Publication | |
| relation.isAuthorOfPublication | a0e039a4-1330-4013-846f-61de92bf79b6 | |
| relation.isAuthorOfPublication | 8cc8aa0c-e630-44c2-b7c9-27dd742a2b27 | |
| relation.isAuthorOfPublication.latestForDiscovery | a0e039a4-1330-4013-846f-61de92bf79b6 | |
| relation.isOrgUnitOfPublication | 802cc18c-7d61-422a-87f3-02f5425698f9 | |
| relation.isOrgUnitOfPublication.latestForDiscovery | 802cc18c-7d61-422a-87f3-02f5425698f9 | |
| une.sello | false |


