O sistema urbano. As áreas metropolitanas

dc.contributor.authorPaül Carril, Valerià
dc.contributor.authorVila Vázquez, José Ignacio
dc.date.accessioned2026-03-05T08:39:54Z
dc.date.available2022-10-24es
dc.date.issued2022-10-24
dc.description.abstractEsta unidade didáctica inclúese dentro da materia de Xeografía de España (6 créditos ECTS), correspondente ao terceiro curso do grao en Xeografía e Ordenación do Territorio e que se imparte no primeiro semestre. Dentro do bloque xeral da poboación, dos asentamentos e das actividades da materia de Xeografía de España, o estudo do sistema urbano constitúe un dos aspectos centrais para a comprensión doutros elementos e procesos xeográficos chave de España tales como o espazo rural, a economía, a articulación do espazo a través das infraestruturas de transporte ou a organización territorial. Nunha primeira abordaxe, a aplicación dunha aproximación sistémica permite revisar a traxectoria diacrónica das cidades que actualmente se sitúan en España, entendendo o proceso urbanizador de forma ampla a través de diversas cuestións: como se foron artellando entre elas, cales no pasado tiveron máis relevancia, se algunhas decaeron e por que, se outras emerxeron e as causas de tal desenvolvemento, etc. Complementariamente, isto permite abordar cuestións de espazo interno das cidades que culminan na rápida e intensa dinámica urbanística recente, aspecto ao que se lle dedica máxima atención. Nun segundo momento, o estudo sistémico de carácter sincrónico posibilita a análise dos principais espazos directores do sistema urbano español e as súas implicacións en termos de planificación e de ordenación do territorio. Neste punto, a comprensión da relevancia actual das áreas metropolitanas acada un papel especial. Idealmente, estes dous grandes bloques deben ser tratados cada día nunha sesión expositiva, mentres que o breve apartado inicial dedicado á revisión de manuais e, precisamente, á xustificación desta distribución bipartita non ten por que ser traballado nas aulas de forma directa ou pode consistir, tan só, nunha breve reflexión introdutoria. Finalmente, non se pode perder de vista que esta unidade temática pode constituír unha primeira introdución para as materias de Xeografía Urbana e de Fundamentos de Ordenación do Territorio, que serán abordadas nos seguintes meses do grao.
dc.description.sponsorship
dc.description.tableofcontentses
dc.description.versiones
dc.formates
dc.format.extentp. 45
dc.identifier.doi10.15304/9788419155467
dc.identifier.isbn9788419155467
dc.identifier.uries
dc.identifier.urihttps://pepa.une.es/handle/123456789/71769
dc.languageGallegoes
dc.publisherServizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC
dc.relation.ispartofserieses
dc.rightsCreative Commons Attribution 4.0 International (CC BY 4.0)en
dc.rights.accessRightsopenAccessen
dc.rights.urihttp://creativecommons.org/licenses/by/4.0/en
dc.subjectes
dc.subject.keywordsPlanificación y gestión urbana y municipal
dc.subject.otherGeografía regionales
dc.titleO sistema urbano. As áreas metropolitanas
dc.typees
dspace.entity.typePublication
relation.isAuthorOfPublicationb9123424-5d0f-4070-ab99-d5b146e84ca8
relation.isAuthorOfPublication5e990662-a0a3-400f-8503-c10c14b3c20d
relation.isAuthorOfPublication.latestForDiscoveryb9123424-5d0f-4070-ab99-d5b146e84ca8
relation.isOrgUnitOfPublication0142ba5e-2c51-4bb7-a302-c3a7dfafc9ad
relation.isOrgUnitOfPublication.latestForDiscovery0142ba5e-2c51-4bb7-a302-c3a7dfafc9ad
une.sellofalse
FECYT