Natalia, Pérez Rivas2026-03-052022-03-142022-03-17978841915508510.15304/9788419155085https://pepa.une.es/handle/123456789/71819O acoso defínese, de forma xenérica, como «unha constelación de comportamentos polo cal unha persoa de forma repetida diríxese a outra impoñéndolle comunicacións e/ou contactos non desexados». Dos diversos estudos realizados sobre este fenómeno conclúese que entre un 4,5 % e un 23,4 % da poboación mundial foi vítima ao longo da súa vida dunha conduta de acoso. As investigacións tamén puxeron de manifesto a íntima relación existente entre o acoso e a violencia de xénero, especialmente con ocasión da ruptura da relación. Ante a constatación desta realidade, procedeuse a incluír no Convenio de Istambul, do 11 de maio de 2011, o acoso como unha forma de violencia contra a muller que debe ser tipificada polos Estados que o ratifiquen. Por tanto, a súa tipificación é froito das obrigas supranacionais asumidas polo noso país. Trátase, así, de ofrecer unha resposta á realización de condutas insistentes e reiteradas que en moitas ocasións non podían ser cualificadas como coaccións ou ameazas por medio das cales se menoscaba a liberdade de obrar da vítima, á que se somete a persecucións ou vixilancias constantes, chamadas reiteradas ou outros actos continuos de acoso que provocan unha grave alteración no desenvolvemento da súa vida cotiá.Libro digitalp. 18Creative Commons Attribution 4.0 International (CC BY 4.0)http://creativecommons.org/licenses/by/4.0/Teoría general del derechoO delito de acosoopenAccess