Astray Dopazo, GonzaloRodríguez Rajo, Francisco Javier2026-03-052024-10-229788411880350https://pepa.une.es/handle/123456789/72197Dentro dos tres principais piares nos cales se basea a nosa universidade (docencia, investigación e transferencia), cremos firmemente no poder da transferencia e, sobre todo, cara ao sector socioeconómico que nos rodea. Esta facilita que os avances cheguen ás empresas e ás persoas dun xeito práctico e eficaz como ferramenta fundamental para a transformación que se está a producir en todos os ámbitos da nosa sociedade. Nun exemplo de colaboración interinstitucional, que persegue a suma de esforzos para multiplicar resultados na procura dunha mellor calidade de vida das e dos habitantes da nosa contorna, a Deputación Provincial de Ourense e o Campus Auga da Universidade de Vigo traballan no fornecemento da investigación do campus a través dos convenios de colaboración asinados anualmente dende o ano 2003. Estes, entre outras cousas, contribúen ao financiamento desta convocatoria de Axudas a grupos de investigación do Campus de Ourense (INOU). Nesta 20.a edición continuamos a traballar na senda da colaboración entre grupos de investigación de diferentes ámbitos de coñecemento para achegarlles solucións aos desafíos, presentes e futuros, de Galicia. Vivimos nunha época marcada por cambios rápidos e profundos en todos os sectores, polo que tratar os retos dende un punto de vista multidisciplinar representa a chave para que ideas, talento e experiencia conflúan na inspiración de proxectos profesionais e solucións baseadas na innovación, para así axudar a construír un mundo máis sostible, máis inclusivo e máis xusto. Nesta convocatoria seleccionáronse oito proxectos de investigación e potenciouse a coordinación entre diferentes ámbitos, que abranguen importantes eixes do desenvolvemento da nosa provincia como a sustentabilidade do medio ambiente, a posta en valor do noso patrimonio ou a mellora do benestar e da saúde dende un punto de vista tecnolóxico. No eido do medio ambiente avaliáronse as implicacións do crecemento económico nos procesos de contaminación a través dunha aproximación dende a aprendizaxe automática, propuxéronse diversas estratexias para a xestión sustentable de refugallos vitivinícolas na provincia de Ourense e establecéronse medidas de concienciación medioambiental na educación secundaria tendo en conta as variacións do clima da nosa contorna. Tamén se puxo en valor o noso patrimonio mediante o estudo da importancia que tivo a presenza dos primeiros poboadores da provincia de Ourense no xacemento paleolítico da Piteira (Toén, Ourense). No campo da saúde deseñouse un sistema de automatización da diagnose a partir de signos radiolóxicos, ferramenta que, mediante a combinación de técnicas de intelixencia artificial e modelos de aprendizaxe automática, infire automaticamente as diagnoses médicas máis probables a partir dos signos presentes nunha imaxe de raios X. Tamén se avaliou a importancia de novos cultivos para a nosa provincia, como o da mostaza, que nos permite a extracción de novos compostos bioactivos con alta repercusión na saúde. Finalmente, deseñáronse novas ferramentas tecnolóxicas para mellorar a atención á diversidade nas nosas aulas como a caracterización do uso do espazo escolar mediante posicionamento en tempo real do alumnado a través do dispositivo de localización uwb. A Vicerreitoría do Campus de Ourense, xunto coa Vicerreitoría de Investigación, Transferencia e Innovación da Universidade de Vigo, queremos agradecerlle o apoio á Deputación Provincial de Ourense, así como o esforzo realizado polas investigadoras e investigadores que participaron nesta nova edición das axudas INOU. Así, froito desta colaboración presentáronse traballos de gran calidade e de moito proveito e interese para todo o tecido socioeconómico da nosa provincia.Vertical (Acartelado)p. 200Creative Commons Attribution 4.0 International (CC BY 4.0)http://creativecommons.org/licenses/by/4.0/Sociedad y cultura: generalProxectos INOU 2023.: Investigación aplicada na provincia de OurenseopenAccessEl medioambiente