Iglesias Varela, Alba2026-03-052023-10-162023-03-10978841967904810.15304/9788419679048https://pepa.une.es/handle/123456789/71884A presente unidade didáctica introduce o alumnado ao concepto de filosofía que se manexa no pensamento xaponés e tamén á estrutura básica do mesmo, tendo como elemento fundamental o Shinto (manifestación relixiosa orixinaria do Xapón). Debido á singular característica da cultura xaponesa, e do sincretismo relixioso imperante, dedícase unha sección a explicar as influencias externas que aínda a día de hoxe perviven no pensamento xaponés, i.e. confucianismo, taoísmo e budismo. Tendo estes contidos claros, o seguinte punto céntrase na figura do filósofo Amane Nishi, principal precursor da introdución da filosofía occidental en Xapón. A continuación, a unidade didáctica centra a súa atención en sinalar algúns e algunhas dos/as intelectuais máis salientables do pensamento xaponés e, por último, introducirase o alumnado na situación actual dos estudos xaponeses, principais centros de estudos en España, publicacións, etc.Libro digitalp. 14Creative Commons Attribution 4.0 International (CC BY 4.0)http://creativecommons.org/licenses/by/4.0/FilosofíaFilosofía xaponesaopenAccess