Alonso Veloso, María José2026-03-052022-11-092022-11-09978841915562710.15304/9788419155627https://pepa.une.es/handle/123456789/71810A presente unidade didáctica sobre os trazos xerais da lírica barroca é a primeira das cinco incluídas na materia obrigatoria Literatura Española do Século XVII: Poesía. Estuda de xeito exhaustivo as principais tendencias, xéneros, temas e autores da lírica española do século XVII, cunha especial atención ao período comprendido entre 1580 e 1650, e ás obras de tres grandes poetas da época: Luis de Góngora, Lope de Vega e Francisco de Quevedo. A unidade I, programada cunha duración aproximada de catro semanas e doce horas presenciais, afonda nos trazos da lírica barroca, debuxando as liñas mestras da época, un contexto imprescindible para comprender as creacións poéticas das principais figuras. A análise das canles de transmisión da poesía, as tradicións que conflúen na época xustificando os diferentes xéneros vixentes, os temas e motivos esenciais, os distintos grupos poéticos que cabe establecer con criterios cronolóxicos, xeográficos e estilísticos, pero tamén as tendencias estéticas fundamentais, resulta indispensable na formación do alumnado en Lingua e Literatura Españolas.p. 67Creative Commons Attribution 4.0 International (CC BY 4.0)http://creativecommons.org/licenses/by/4.0/Antologías poéticas (varios poetas)Trazos xerais da poesía do século XVIIopenAccessEstudios literarios: c. 1500-c. 1800Estudios literarios: general