Lage Pita, LucíaGarrido Gil, PabloQuijano Ocampo, Aloia2026-03-052022-03-152022-03-21978841915521410.15304/9788419155214https://pepa.une.es/handle/123456789/71922A unidade didáctica Citoloxía. Estudo da microscopia da célula está incluída na materia anatomía, histoloxía e citoloxía (6 ECTS), que se impartirá no primeiro curso do grao de Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela ao longo do primeiro semestre. Esta parte da materia será cursada a continuación do contido de citoloxía, unha vez que os alumnos xa teñan unha visión xeral e introdutoria das estruturas e funcións celulares. Esta unidade didáctica durante as horas prácticas céntrase na observación, descrición e recoñecemento a través dun microscopio óptico das diferentes estruturas celulares, así como dos distintos tipos celulares e tecidos. Durante os seminarios, nesta unidade didáctica, o alumnado responderá, de maneira individual ou en grupos reducidos e coa axuda do profesor, cuestións ou farán exercicios e traballos sobre a aplicación dos contidos teóricos. Organízase nun seminario e catro prácticas, que están deseñados para ser desenvoltos en dúas sesións de prácticas cunha duración de dúas horas cada unha e unha sesión de seminarios cunha duración tamén de dúas horas.Libro digitalp. 15Creative Commons Attribution 4.0 International (CC BY 4.0)http://creativecommons.org/licenses/by/4.0/EnfermeríaCitoloxía: estudo da microscopia da célulaopenAccess