Libros
Permanent URI for this collectionhttps://pepa.une.es/handle/123456789/70447
Browse
10 results
Now showing 1 - 10 of 10
- Results Per Page
- Sort Options
- Proxectos INOU 2022: Investigación aplicada na provincia de OurenseArenas Lago, Daniel; Díaz Cacho Medina, Miguel Ramón; Díaz Pereira, María del Pino; González Sánchez, María Beatriz; Reboredo Rodríguez, Patricia; Rey González, Guillermo; Rivas Siota, Sandra; Vázquez Abad, Jesús; Villanueva Villar, MónicaRecopilación dos traballos de investigación aplicada na provincia de Ourense, financiados na convocatoria INOU 2022.
- Proxectos INOU 2023: PROXECTOS de innovación educativa 2023Cancela Carral, José María; Fernández Villarino, María de los Ángeles; Martínez Lemos, R. Iván; Martínez-Patiño, María José; Paz García, Mª Begoña; Prieto Lage, Iván; Varela-Losada, Mercedes; Facultade de Ciencias da Educación e do DeporteA docencia é unha misión fundamental da Universidade e como tal precisa do máximo apoio institucional na procura da súa excelencia. Para isto é precisa a valoración xeral da propia actividade docente, o recoñecemento dos esforzos de renovación e mellora por parte do profesorado neste ámbito e o fornecemento da innovación docente. Por isto, a Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte realizou a Convocatoria de Proxectos de Innovación Educativa 2023. O obxectivo desta convocatoria foi apoiar proxectos encamiñados ao deseño e implantación de accións de innovación educativa na docencia da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra. Pretendeuse fomentar a aplicación práctica das innovacións desenvolvidas e a súa transferencia. Concedéronse sete proxectos de innovación nos que houbo 74 participantes, xuntando persoal docente e investigador, investigador e colaborador externo. A presente publicación reúne os resultados dos traballos de innovación.
- Proxectos de Innovación Educativa 2019.Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte. Universidade de Vigo.A docencia é unha misión fundamental da Universidade e como tal precisa do máximo apoio institucional na procura da súa excelencia. Para isto é precisa a valoración xeral da propia actividade docente, o recoñecemento dos esforzos de renovación e mellora por parte do profesorado neste ámbito e o fornecemento da innovación docente. Por isto, a Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte realizou a Convocatoria de Proxectos de Innovación Educativa 2019. O obxectivo desta convocatoria foi apoiar proxectos encamiñados ao deseño e implantación de accións de innovación educativa na docencia da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra. Pretendeuse fomentar a aplicación práctica das innovacións desenvolvidas e a súa transferencia. Concedéronse cinco proxectos de innovación nos que houbo 47 participantes, xuntando persoal docente e investigador, investigador e colaborador externo. A presente publicación reúne os resultados dos traballos de innovación.
- Proxectos de Innovación Educativa 2020.Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte. Universidade de Vigo.A docencia é unha misión fundamental da Universidade e como tal precisa do máximo apoio institucional na procura da súa excelencia. Para isto é precisa a valoración xeral da propia actividade docente, o recoñecemento dos esforzos de renovación e mellora por parte do profesorado neste ámbito e o fornecemento da innovación docente. Por isto, a Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte realizou a Convocatoria de Proxectos de Innovación Educativa 2020. O obxectivo desta convocatoria foi apoiar proxectos encamiñados ao deseño e implantación de accións de innovación educativa na docencia da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra. Pretendeuse fomentar a aplicación práctica das innovacións desenvolvidas e a súa transferencia. Concedéronse cinco proxectos de innovación nos que houbo 56 participantes, xuntando persoal docente e investigador, investigador e colaborador externo. A presente publicación reúne os resultados dos traballos de innovación.
- Anuario de comunicación da Universidade de Vigo 2020/2021.Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais. Universidade de Vigo.Anuario de comunicación da Universidade de Vigo 2020/2021. A Universidade de Vigo presenta o seu primeiro anuario: unha publicación electrónica que amosa os fitos máis significativos do curso 2020/2021, a través dunha selección de noticias publicadas no Diario Dixital da Universidade de Vigo (Duvi).
- Proxectos de Innovación Educativa 2021.Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte. Universidade de Vigo.A docencia é unha misión fundamental da Universidade e como tal precisa do máximo apoio institucional na procura da súa excelencia. Para isto é precisa a valoración xeral da propia actividade docente, o recoñecemento dos esforzos de renovación e mellora por parte do profesorado neste ámbito e o fornecemento da innovación docente. Por isto, a Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte realizou a Convocatoria de Proxectos de Innovación Educativa 2021. O obxectivo desta convocatoria foi apoiar proxectos encamiñados ao deseño e implantación de accións de innovación educativa na docencia da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra. Pretendeuse fomentar a aplicación práctica das innovacións desenvolvidas e a súa transferencia. Concedéronse seis proxectos de innovación nos que houbo 72 participantes, xuntando persoal docente e investigador, investigador e colaborador externo. A presente publicación reúne os resultados dos traballos de innovación.
- Materiais didácticos para a promoción do galego nas aulasMociño-González, Isabel; Agrelo-Costas, Eulalia; Martínez Román, Rosana; Manuel Cid Fernández, Xosé; Seoane Pérez, Emilia; Casal de la Fuente, Lucía; Alonso-Ferreiro, Almudena; Raposo Rivas, Manuela; Universidade de Vigo, Escola Aberta de formación permanenteNeste documento preséntase o deseño de sete prácticas dirixidas ao alumnado que cursa a materia de Didáctica da lingua e da literatura infantil dentro do grao de Educación Infantil. Teñen como obxectivo un achegamento en profundidade á lectura e ao libro, con particular atención ao álbum ilustrado e ás súas múltiples dimensións (linguaxes, temáticas, formato...).
- Proxectos INOU 2021: Investigación aplicada na provincia de OurenseDe Carlos Villamarín, Pablo; Pérez González, Ana; Fernández González, María; Laza Fidalgo, Rosalía; Isorna Folgar, Manuel; Pérez Rodríguez, Francisco Javier; Raposo Rivas, Manuela; Alfonso Gil, Sonia; Rodríguez Teijeiro, Domingo; Casado Neira, David; García Pérez-Schofield, José BaltasarRecopilación dos traballos de investigación aplicada na provincia de Ourense, financiados na convocatoria INOU 2021.
- Proxectos de Innovación Educativa 2022.Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte. Universidade de Vigo.A docencia é unha misión fundamental da Universidade e como tal precisa do máximo apoio institucional na procura da súa excelencia. Para isto é precisa a valoración xeral da propia actividade docente, o recoñecemento dos esforzos de renovación e mellora por parte do profesorado neste ámbito e o fornecemento da innovación docente. Por isto, a Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte realizou a Convocatoria de Proxectos de Innovación Educativa 2022. O obxectivo desta convocatoria foi apoiar proxectos encamiñados ao deseño e implantación de accións de innovación educativa na docencia da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra. Pretendeuse fomentar a aplicación práctica das innovacións desenvolvidas e a súa transferencia. Concedéronse seis proxectos de innovación nos que houbo 76 participantes, xuntando persoal docente e investigador, investigador e colaborador externo. A presente publicación reúne os resultados dos traballos de innovación.
- Quero ser investigadora 2.: Universidade de Vigo.Valderrama Santomé, Mónica; Calvo López, Lucía; Crespo Cruces, MartaUn ano máis, a Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo aposta por mostrarlle á mocidade que moi preto da súa casa existen mulleres investigadoras que están a realizar un traballo de grande importancia para todas e todos. Volvemos difundir a historia de dez novas referentes, dez mulleres, dez investigadoras, dez nenas que quixeron dedicarse ao que máis lles gusta: achegar novos coñecementos sobre a súa área de traballo que axuden a sociedade a avanzar cara a un futuro mellor. A nosa intención segue a ser a mesma: valorar e visibilizar mulleres científicas contemporáneas, pioneiras en moitos casos, e espertar a vocación investigadora entre os máis cativos e cativas, que terán figuras femininas da súa contorna como referencia. O deporte, a arqueoloxía, a lingua, a física, a paleontoloxía etc., son as áreas nas que traballan estas investigadoras, que contan a súa historia, os seus avances e as súas aspiracións nesta pequena publicación para que moitas nenas poidan verse reflectidas e, así, se animen a encamiñar os seus estudos cara á investigación. Unha nena que soñaba con ir ao espazo, outra que ía a escavacións co seu pai ou unha pequena aventureira…, pero todas cunha marca común: a curiosidade e a determinación. Todas buscan saber máis, descubrir cousas novas e non dubidan en loitar por facer o que lles gusta. Iso é o que queremos que fagan as nenas e nenos que lean estas historias. Desta forma, a Universidade de Vigo quere valorar a investigación en feminino e, a través destes relatos, formar parte das vivencias e das ansias da mocidade. Así, promoverá que as novas xeracións teñan novos intereses, grandes soños e, sobre todo, se inspiren en persoas que forman parte desta institución para que nun futuro elas e eles se poidan converter en investigadoras e investigadores. Achegádevos a estes pequenos contos, vivide con elas as súas experiencias e, sobre todo, aprendede moito, porque o avance do coñecemento e a mellora da nosa sociedade depende en gran medida de que as nenas e nenos de agora queiran ser as científicas e científicos do futuro. E ti, queres ser investigadora?.


