Loading...

Yuste Frías, José
Email Address
Birth Date
Research Projects
Organizational Units
Job Title
Autor
Last Name
Yuste Frías
First Name
José
Name
José Yuste Frías
2 results
Now showing 1 - 2 of 2
- Results Per Page
- Sort Options
- techLING2021-UVigo-T&P. Libro de resumos do VI Congreso internacional de lingua, lingüística e tecnoloxía.Millor Costas, Sara; Yuste Frías, José; Ferreiro Vázquez, ÓscarO Congreso techLING2021-UVigo-T&P é un evento científico internacional dedicado ás sinerxías entre as linguas e o seu coñecemento científico, a lingüística, por un lado, e as novas tecnoloxías dixitais, por outro, con especial incidencia no impacto das ferramentas tecnolóxicas na tradución e interpretación, no ensino e no tratamento de linguas. Está dirixido a profesorado, persoal investigador e estudantes de segundo e terceiro ciclo da área da lingüística aplicada á tradución e interpretación, o ensino e o tratamento informático de linguas: profesorado de linguas estranxeiras, profesionais da tradución, a interpretación, a revisión, a corrección, a postedición, o subtitulado, a dobraxe, a terminoloxía, a lexicografía, así como persoas do mundo empresarial interesadas en cuestións lingüísticas e comunicación internacional. No ano 2021, a sexta edición do Congreso internacional de lingua, lingüística e tecnoloxía organizouna o Grupo de Investigación Tradución & Paratradución (T&P) da Universidade de Vigo e levouse a cabo completamente en rede do 15 ao 17 de decembro de 2021.
- As que están e as que marcharon: mulleres e migracións na industria do videoxogo.: Las que están y las que se marcharon: mujeres y migraciones en la industria del videojuego.Torres Outón, Sara María; Pérez Freire, Silvia; Ferreiro Vázquez, Óscar; Méndez González, Ramón; Luna Alonso, Ana; Yuste Frías, José; Domínguez Araújo, LaraA industria do videoxogo preséntase coma un sector cun grande potencial de crecemento nos próximos anos, o que implica un maior peso na economía local, capacidade para xerar emprego e oportunidades de creación de empresas. Coñecer a presenza feminina no sector a nivel provincial é un requisito fundamental para aproveitar as oportunidades empresariais e de traballo da industria do videoxogo e posicionar á provincia neste eido. Reter o talento feminino resultará clave para competir neste mercado. Unha das dez medidas para incentivar a economía da industria do videoxogo, recollida no Libro Blanco del videojuego 2019 (DEV, 2020), é fomentar a presenza das mulleres na industria. Os datos que facilitaban sobre o emprego feminino no sector mostran a existencia dunha brecha de xénero, xa que elas eran tan só o 16% do total das persoas profesionais do sector. Os datos do anuario de 2021 (DEV, 2022) expoñen que a brecha persiste e que as diferenzas no emprego por razón de xénero, aínda que comezan a mudar, fano lentamente: o emprego feminino representa só o 23%. As medidas para o fomento da incorporación laboral de mulleres a esta industria seguen a ser necesarias e especialmente importantes ao teren en conta que as empresas que caracterizan o sector considéranse emerxentes; exceptuando as grandes empresas que o dominan, a maioría son pequenas empresas. En ambos casos, é necesario incentivar o emprego e o emprendemento femininos para transformar o sector. Neste Anuario inclúese un apartado da visión das compañías do sector, incluíndo centros de formación, no que só aparece o testemuño de seis mulleres dun total de 38 compañías consultadas; dato que corrobora a infrarrepresentación feminina no sector.



