Loading...
Profile Picture

Rodríguez Rajo, Francisco Javier

Email Address

Birth Date

Research Projects

Organizational Units

Job Title

Autor

Last Name

Rodríguez Rajo

First Name

Francisco Javier

Name

Francisco Javier Rodríguez Rajo
Now showing 1 - 1 of 1
  • Thumbnail Image
    filter icon
    Proxectos INOU 2023.: Investigación aplicada na provincia de Ourense
    Astray Dopazo, Gonzalo; Rodríguez Rajo, Francisco Javier
    Dentro dos tres principais piares nos cales se basea a nosa universidade (docencia, investigación e transferencia), cremos firmemente no poder da transferencia e, sobre todo, cara ao sector socioeconómico que nos rodea. Esta facilita que os avances cheguen ás empresas e ás persoas dun xeito práctico e eficaz como ferramenta fundamental para a transformación que se está a producir en todos os ámbitos da nosa sociedade. Nun exemplo de colaboración interinstitucional, que persegue a suma de esforzos para multiplicar resultados na procura dunha mellor calidade de vida das e dos habitantes da nosa contorna, a Deputación Provincial de Ourense e o Campus Auga da Universidade de Vigo traballan no fornecemento da investigación do campus a través dos convenios de colaboración asinados anualmente dende o ano 2003. Estes, entre outras cousas, contribúen ao financiamento desta convocatoria de Axudas a grupos de investigación do Campus de Ourense (INOU). Nesta 20.a edición continuamos a traballar na senda da colaboración entre grupos de investigación de diferentes ámbitos de coñecemento para achegarlles solucións aos desafíos, presentes e futuros, de Galicia. Vivimos nunha época marcada por cambios rápidos e profundos en todos os sectores, polo que tratar os retos dende un punto de vista multidisciplinar representa a chave para que ideas, talento e experiencia conflúan na inspiración de proxectos profesionais e solucións baseadas na innovación, para así axudar a construír un mundo máis sostible, máis inclusivo e máis xusto. Nesta convocatoria seleccionáronse oito proxectos de investigación e potenciouse a coordinación entre diferentes ámbitos, que abranguen importantes eixes do desenvolvemento da nosa provincia como a sustentabilidade do medio ambiente, a posta en valor do noso patrimonio ou a mellora do benestar e da saúde dende un punto de vista tecnolóxico. No eido do medio ambiente avaliáronse as implicacións do crecemento económico nos procesos de contaminación a través dunha aproximación dende a aprendizaxe automática, propuxéronse diversas estratexias para a xestión sustentable de refugallos vitivinícolas na provincia de Ourense e establecéronse medidas de concienciación medioambiental na educación secundaria tendo en conta as variacións do clima da nosa contorna. Tamén se puxo en valor o noso patrimonio mediante o estudo da importancia que tivo a presenza dos primeiros poboadores da provincia de Ourense no xacemento paleolítico da Piteira (Toén, Ourense). No campo da saúde deseñouse un sistema de automatización da diagnose a partir de signos radiolóxicos, ferramenta que, mediante a combinación de técnicas de intelixencia artificial e modelos de aprendizaxe automática, infire automaticamente as diagnoses médicas máis probables a partir dos signos presentes nunha imaxe de raios X. Tamén se avaliou a importancia de novos cultivos para a nosa provincia, como o da mostaza, que nos permite a extracción de novos compostos bioactivos con alta repercusión na saúde. Finalmente, deseñáronse novas ferramentas tecnolóxicas para mellorar a atención á diversidade nas nosas aulas como a caracterización do uso do espazo escolar mediante posicionamento en tempo real do alumnado a través do dispositivo de localización uwb. A Vicerreitoría do Campus de Ourense, xunto coa Vicerreitoría de Investigación, Transferencia e Innovación da Universidade de Vigo, queremos agradecerlle o apoio á Deputación Provincial de Ourense, así como o esforzo realizado polas investigadoras e investigadores que participaron nesta nova edición das axudas INOU. Así, froito desta colaboración presentáronse traballos de gran calidade e de moito proveito e interese para todo o tecido socioeconómico da nosa provincia.
FECYT