Loading...
Profile Picture

Ferreiro Vázquez, Óscar

Email Address

Birth Date

Research Projects

Organizational Units

Job Title

Autor

Last Name

Ferreiro Vázquez

First Name

Óscar

Name

Óscar Ferreiro Vázquez
Now showing 1 - 3 of 3
  • Thumbnail Image
    filter icon
    techLING2021-UVigo-T&P. Libro de resumos do VI Congreso internacional de lingua, lingüística e tecnoloxía.
    Millor Costas, Sara; Yuste Frías, José; Ferreiro Vázquez, Óscar
    O Congreso techLING2021-UVigo-T&P é un evento científico internacional dedicado ás sinerxías entre as linguas e o seu coñecemento científico, a lingüística, por un lado, e as novas tecnoloxías dixitais, por outro, con especial incidencia no impacto das ferramentas tecnolóxicas na tradución e interpretación, no ensino e no tratamento de linguas. Está dirixido a profesorado, persoal investigador e estudantes de segundo e terceiro ciclo da área da lingüística aplicada á tradución e interpretación, o ensino e o tratamento informático de linguas: profesorado de linguas estranxeiras, profesionais da tradución, a interpretación, a revisión, a corrección, a postedición, o subtitulado, a dobraxe, a terminoloxía, a lexicografía, así como persoas do mundo empresarial interesadas en cuestións lingüísticas e comunicación internacional. No ano 2021, a sexta edición do Congreso internacional de lingua, lingüística e tecnoloxía organizouna o Grupo de Investigación Tradución & Paratradución (T&P) da Universidade de Vigo e levouse a cabo completamente en rede do 15 ao 17 de decembro de 2021.
  • filter icon
    As que están e as que marcharon: mulleres e migracións na industria do videoxogo.: Las que están y las que se marcharon: mujeres y migraciones en la industria del videojuego.
    Torres Outón, Sara María; Pérez Freire, Silvia; Ferreiro Vázquez, Óscar; Méndez González, Ramón; Luna Alonso, Ana; Yuste Frías, José; Domínguez Araújo, Lara
    A industria do videoxogo preséntase coma un sector cun grande potencial de crecemento nos próximos anos, o que implica un maior peso na economía local, capacidade para xerar emprego e oportunidades de creación de empresas. Coñecer a presenza feminina no sector a nivel provincial é un requisito fundamental para aproveitar as oportunidades empresariais e de traballo da industria do videoxogo e posicionar á provincia neste eido. Reter o talento feminino resultará clave para competir neste mercado. Unha das dez medidas para incentivar a economía da industria do videoxogo, recollida no Libro Blanco del videojuego 2019 (DEV, 2020), é fomentar a presenza das mulleres na industria. Os datos que facilitaban sobre o emprego feminino no sector mostran a existencia dunha brecha de xénero, xa que elas eran tan só o 16% do total das persoas profesionais do sector. Os datos do anuario de 2021 (DEV, 2022) expoñen que a brecha persiste e que as diferenzas no emprego por razón de xénero, aínda que comezan a mudar, fano lentamente: o emprego feminino representa só o 23%. As medidas para o fomento da incorporación laboral de mulleres a esta industria seguen a ser necesarias e especialmente importantes ao teren en conta que as empresas que caracterizan o sector considéranse emerxentes; exceptuando as grandes empresas que o dominan, a maioría son pequenas empresas. En ambos casos, é necesario incentivar o emprego e o emprendemento femininos para transformar o sector. Neste Anuario inclúese un apartado da visión das compañías do sector, incluíndo centros de formación, no que só aparece o testemuño de seis mulleres dun total de 38 compañías consultadas; dato que corrobora a infrarrepresentación feminina no sector.
  • Thumbnail Image
    filter icon
    I Plan de Internacionalización da Universidade de Vigo
    Pozo Triviño, María Isabel; Ferreiro Vázquez, Óscar; Pozo Antonio, José Santiago; Castro Figueiras, Eva María; Rodríguez Ricart, María Cristina; Verdugo Gonzalo, Lucía
    A internacionalización da universidade constitúe un proceso esencial para consolidar o seu prestixio e competitividade no ámbito global. Nun contexto académico cada vez máis interconectado e diverso, este primeiro Plan de internacionalización da Universidade de Vigo ten como obxectivo situar a nosa institución como un referente na educación superior, promovendo a mobilidade académica, a colaboración con institucións internacionais e a atracción de talento global. Este plan está deseñado para fortalecer a proxección internacional da universidade, mellorar a calidade educativa e impulsar a investigación e a transferencia de coñecemento a través de redes globais, coa finalidade de formar profesionais capaces de enfrontar os desafíos dun mundo globalizado. O plan sintetiza as principais propostas do equipo de goberno da Universidade de Vigo en materia de internacionalización, enriquecidas polos comentarios e suxestións da comunidade universitaria. Ademais, acompáñase dun programa plurianual de actuacións, co correspondente sistema de indicadores que se empregarán para avaliar a súa implantación. Anualmente, publicaranse informes de seguimento cos datos correspondentes a cada indicador. Introdución O I Plan de internacionalización axústase á estratexia internacional da Universidade de Vigo e finánciase con recursos propios provenientes de diversos servizos cuxas actividades inflúen na estratexia internacional da nosa universidade. Estes fondos destínanse para levar a cabo actividades de internacionalización que complementan as cubertas por programas autonómicos, nacionais e internacionais, enriquecendo así os recursos externos obtidos para executalo.
FECYT